CRTVG

Buscar

Anegamentos nun garaxe de Lugo

Publicado o 06/11/2019 14:08

Este garaxe lugués está a miúdo inutilizado. Pertence a un edificio da rúa Mar Cantábrico e cada vez que chove inúndase. A auga non entra dende a rúa, senón que sobe por este sumidoiro que teñen no garaxe do inmoble e que é o conduto dunha canalización eléctrica. O problema repítese cada vez máis frecuencia e inquieta e alarma os veciños. Ademais a auga chega ata o ascensor e, en ocasións, o que entran son augas fecais.

Os veciños cren que o problema provén desta zona, a uns 50 metros do edificio. Din que se tapona esta canalización municipal e que acaba vertendo a auga para a canalización eléctrica que pasa ao lado e esta finalmente reborda no interior do seu garaxe.

Os veciños urxen a unha solución antes de que chegue de cheo o inverno e a continua choiva provoque inundacións a diario.

Noticias web

06/11/2019