CRTVG

Buscar

Andrés, un galego de 88 anos, triunfa como modelo das firmas de máis sona

Publicado o 11/11/2020 15:36

Ten ata nome artístico. Hai cousa de dous anos que comezou a súa andaina como The Spanish King ou, o que é o mesmo, a estrea no mundo da moda de Andrés García-Carro.

E estreouse ao grande, nunha revista internacional especializada no luxo e posando con roupa das firmas máis célebres.

E dende aí, máis posados e máis rexistros. Colaborou nun videoclip de Arón Piper, e hai poucos días que podemos velo no último lanzamento de C.Tangana.

Non é de conformarse, así que por pedir, pide que lle chegue un papel no cine. O próximo que vén, unha campaña para Inditex.

Deportista, amante do mar e da boa mesa, di que sempre se coidou e que non fai máis agora ca antes. Esta nova faceta foi unha sorpresa para toda a familia, pero din que todos están desfrutando con ela.

Aínda están soprendidos do tirón que ten e aseguran que o que si ten é enerxía abonda para seguir explorando esta nova vida, con 88 anos.

Noticias web

11/11/2020