CRTVG

Buscar

Ander Gil e Caballero piden reforzar o proxecto de Sánchez

Publicado o 06/11/2019 21:52

Os socialistas remataron o sexto día de campaña en Viveiro. O voceiro no Senado, Ander Gil, acompañou ao longo da xornada o secretario xeral do PSdeG. Apelou ao voto útil de todos os progresistas. Ander Gil animou os militantes a dar o impulso que Pedro Sánchez precisa para levar adiante as liñas que o seu goberno trazou nos últimos meses.

E en Torremolinos, o candidato socialista, falou de cohesión e xustiza social e culpou o resto dos partidos políticos desta segunda convocatoria electoral en oito meses. Sánchez afirmou que se logra formar goberno derrogará a reforma laboral.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/11/2019