CRTVG

Buscar

Andalucía, en alerta por chuvia, prepárase para unha xornada complicada

Publicado o 26/11/2020 14:43
Andalucía, en alerta por chuvia, prepárase para unha xornada complicada

13 provincias teñen hoxe activadas alertas por risco de treboadas, vento, altura de ondas e chuvia. En Andalucía choverá con especial intensidade.

Así, Málaga ten aviso laranxa por acumulacións de máis de 30 litros por metro cadrado nunha hora. Ademais, Almería, Cádiz, Córdoba, Granada e Sevilla teñen aviso amarelo, tamén, por chuvia e treboadas.

Un lóstrego xa deixou a pasada noite sen luz a baía de Cádiz e esta mañá un tornado causou numerosos estragos materiais en Encinarejo de Córdoba.


 

Noticias web

26/11/2020