CRTVG

Buscar

Analizamos con Ramón Piña o futuro do Deportivo na Segunda B

Publicado o 30/08/2020 15:14

Fai xusto corenta anos do último descenso a Segunda B do Deportivo, categoría na que só militou unha temporada. Ramón Piña era un dos veteranos, o capitán. Con el, o goleador Traba, Castro, Pardo ou Xosé Luís Vara.

Ascendera o Celta de primeiro, e o Deportivo de segundo, con máis vitorias, que daquela só daban dous puntos.

"Nós perdemos en Vigo, eles empataran aquí e quedaron eles de primeiros e nós de segundos. Recordo que se estaba refacendo o campo de Riazor, polos Mundiais 82, e nós xogabamos os partidos con obras sempre".

"Nós en 2ªB tiñamos grandes xogadores, pero sempre é dificil porque ibamos a campos moi complicados, Rácing de Ferrol, Pontevedra, Celta, Ensidesa, Arandina, e logo estaba Madrid, Bilbao, Castela e Galicia era o grupo", explicou Piña.

Só perderan sete partidos, unicamente unha derrota na segunda volta. 25 vitorias e 6 empates en total. Advirte que non era fácil. Nin agora.

"Este ano o Dépor vaino ter complicadísimo. Os afeccionados queren que golees pero non é fácil. O Ferrol vai facer un grande equipo, e vai xogar a Santiago e vainas pasar negras, estou seguro", dixo o ex-xogador.

Ramón Piña, historia do club coruñés, experimentado nos axiomas do fútbol.

"No fútbol tes momentos tristes porque baixas de 2ª ou 1ª e momentos alegres porque ascendes outra vez".

 

Noticias web

30/08/2020