CRTVG

Buscar

Ana Pontón quere unha Galicia que aposte con decisión por abrir un tempo novo

Publicado o 03/07/2020 21:35

O BNG celebra arestora en Moaña o seu acto principal desta xornada. Os nacionalistas fan un chamamento á movilización para que o día 12 se produza un cambio de goberno.
En Moaña a candidata á presidencia da Xunta quixo dirixirse aos simpatizantes que se deron cita na praza do concello para falar dunha Galicia viva, dinámica e con futuro. Unha Galicia que segundo Ana Pontón aposte con decisión por abrir un tempo novo.

Un tempo ao que se referiu coma o cambio galego.

Noticias web

03/07/2020