CRTVG

Buscar

Ana Pontón acusa a Feijoo de facer electoralismo con Alcoa

Publicado o 23/02/2020 15:20

O BNG elabora as súas candidaturas. Prepara unha campaña de proximidade para o cambio.
O BNG traballa na elaboración das candidaturas para o 5 de abril co obxectivo de que sexan o máis representativas posibles da realidade do país. O próximo 29 de febreiro serán aprobadas no Consello Nacional.

Os nacionalistas ultiman o deseño do programa electoral co convencemento de seren unha forza política en alza cun proxecto serio e independente que defende os sectores produtivos propios.
A portavoz nacional, Ana Pontón, criticou a submisión dos outros partidos a Madrid e acusou a Núñez Feijoo de dez anos de incompentencia e irrelevancia política.

"O último é que, mentres é incapaz de poñer unha solución para as electrointensivas, dedícase a facer de profeta do peche dunha das industrias máis importantes do noso país, como pode ser Alcoa na Mariña. En vez de buscar solucións para eses traballadores e traballadoras parece que quere facer electoralismo anunciando el un peche que nin sequera anunciou a propia fábrica".

Noticias web

23/02/2020