CRTVG

Buscar

Ana Peleteiro e Adrián Ben toman un descanso, pero xa pensan en Toquio

Publicado o 11/10/2019 17:08

Ecoan aínda os éxitos da participación galega no mundial de Doha. Xa de volta na casa Ana Peleteiro e Adrián Ben xuntáronse a facer unhas risas no Land Rober da Galega onde a saltadora, sexta do mundo, cunha marca de 14.47 foi quen de vencer ás adversidades.

A deportista ribeirán mellorou a súa marca de Londres 2017, algo que non podía facer Adrián Ben porque chegaba por primeira vez a unha cita mundialista. Chegar e encher: deu a badalada ao rematar sexto nunha final na que non lle tremaron as pernas.

Tanto Peleteiro como Ben afrontan xa unha intensa preparación. No horizonte inmediato están o campionato do mundo de pista cuberta e a olimpiada de Toquio 2020. A atleta terá que poñerse a punto da lesión que padece e o mediofondista decidir finalmente se corre 800 ou 1.500 metros.

Antes de poñerse á faena viñeron a suar con Roberto Vilar. Da calor de Doha ao agarimo do público baixo os focos do estudio nun inferno, este, de risas.

Noticias web

11/10/2019