CRTVG

Buscar

Ana Pastor di que o Goberno toma medidas ante a covid "tarde, mal e a rastro"

Publicado o 17/08/2020 13:28
Ana Pastor di que o Goberno toma medidas ante a covid "tarde, mal e a rastro"

O PP di que o Goberno improvisa e chega tarde ante esta nova onda de contaxios. Reclámalle que tome o control para coordinar as comunidades. Din que poden facelo sen necesidade dun estado de alarma. 

Ana Pastor, a vicepresidenta segunda do Congreso, asegura que o Goberno mirou para outro lado.

"Segue de vacacións. Estamos nunha crise sanitaria. A pandemia segue aquí. Toman medidas tarde, mal e a rastro, coma sempre. E neste momento hai que tomar medidas inmediatas", asegurou.

 

Noticias web

17/08/2020