CRTVG

Buscar

Ana Abuín, unha avoa de Vilagarcía, campioa de lanzamento de peso aos 61 anos

Publicado o 19/10/2020 14:19

A afección polo atletismo venlle a Ana Abuín de lonxe. Practicou pista e cross cando era moza, pero logo colgou as zapatillas para criar aos fillos. Hai 10 anos, unha delas, Lidia, abriuse camiño no mundo do lanzamento de peso e foi daquela cando Ana retomou a práctica do deporte nesta modalidade.

Tanto se enganchou que aos seus 61 anos atesoura varias marcas nacionais en diversas modalidades de lanzamento na sua categoría, a Máster. Hai 15 dias logrou 4 medallas, 3 de ouro e unha de prata no Campionato de España de Atlhetismo para veteráns en San Fernando. Pero aínda que os logros son un aliciente, Ana asegura que o deporte converteuse para ela nunha necesidade vital polos seus beneficios a todos os niveis e por iso o recomenda a todo o mundo.

A sua filla Lidia converteuse agora na sua maior seareira e tamén a máis esixente. Malia que os adestramentos e competicións lle restan tempo para a familia, Ana asegura que agora son o seu mellor apoio, aínda que non sempre foi así.

Malia que o futuro é incerto e a maioria de competicións están no aire, Ana Abuín segue adestrándose coa mesma constancia e ilusión por superarse cada día.

Noticias web

19/10/2020