CRTVG

Buscar

Amplíase a setembro o prazo para demandar as industrias do cartel do leite

Publicado o 07/07/2020 14:58
Amplíase a setembro o prazo para demandar as industrias do cartel do leite

De sesenta a setenta mil euros calcula Xosé Luís que deixou de ingresar polo leite que vendeu entre 2000 e 2013. As industrias pagábanlle uns tres céntimos menos por litro porque, segundo sancionou a Comisión de Competencia, pactaban prezos á baixa. Por iso é un dos que vai reclamar eses cartos de volta.

Todos os que vendesen leite nese período, sigan na actividade ou non, teñen dereito a demandar para recuperar como mínimo o dez por cento do que cobraron daquela.

Organizacións agrarias e despachos de avogados de todo o estado preparan as demandas contra o cartel do leiteO urxente agora é evitar que prescriba o dereito a reclamar. O prazo esgotábase o once de xullo, pero as prórrogas do estado de alarma van estendelo a setembro.

As demandas presentaranse en canto a Audiencia Nacional resolva o recurso presentado polas industrias leiteiras.

Noticias web

07/07/2020