CRTVG

Buscar

Amor en tempo de coronavirus

Publicado o 10/05/2020 15:34

Para moitos é o día máis feliz das súas vidas, pero o coronavirus non entende de calendarios nin de datas, e está a cambiar o mundo. Diante do confinamento obrigatorio moitas parellas decidiron adiar o seu enlace, o que deixa o sector que se dedica a organizar estes eventos nunha situación delicada.

Moitos negocios que rodean a celebración dunha voda levan parados dende que se decretou o estado de alarma. Só a partir da segunda fase do desconfinamento se contempla a celebración de vodas, pero co número de convidados limitado. Os empresarios viven momentos de incerteza.

As restricións de movementos tamén están afectando a organización de comuñóns e bautizos. De feito, o arcebispado de Santiago de Compostela aconsellaba hai pouco celebrar estes actos nas vindeiras semanas, coas medidas de seguridade necesarias, para evitar interromper a planificación parroquial cos nenos. Os organizadores de eventos terán que adaptarse.


 

Noticias web

10/05/2020