CRTVG

Buscar

Amnistía Internacional investigará a morte de Diego Bello nas Filipinas

Publicado o 10/01/2020 21:09

O Deportivo lembra nas redes a Diego Bello, que xogou na canteira do club e foi imaxe dunha campaña de abonados. Varios amigos están a recadar fondos, a través dunha plataforma dixital, para colaborar co traslado do corpo, en que tamén traballa a embaixada española. A familia nega que fose un traficante, tal e como afirma a policía filipina, e moitos dos seus achegados cren que Diego foi vítima dunha extorsión. Amnistía Internacional pide que se investigue a súa morte.

Un informe da ONG, publicado no mes de xullo, documenta posibles execucións extraxudicias e milleiros de mortes na loita contra a droga nas Filipinas.

As denuncias internacionais de violacións de dereitos humanos cuestionan desde hai anos a loita contra a droga do goberno filipino.

Noticias web

10/01/2020