CRTVG

Buscar

Amigos e veciños da familia de Marta Calvo reclaman xustiza e respecto para a moza

Publicado o 15/12/2019 21:43

Amigos, compañeiros e veciños da familia de Marta Calvo congregáronse no Porto de Sagunto, baixo o lema "Todos somos Marta".
Os concentrados esixiron contundencia contra o responsable da súa desaparición e respecto á moza.

O alcalde de Sagunto denunciou que se culpe a vítima. O rexedor subliñou que o único culpable é o seu asasino.

Este luns, seguirán rastrexando o vertedoiro onde buscan a moza e tamén os arredores da vivenda do detido pola súa desaparición, que mantén que non a matou, que morreu cando estaba con el e que se desfixo do cadáver.

Noticias web

15/12/2019