CRTVG

Buscar

Amantes do rock e do metal: o Resurrection Fest adáptase aos tempos da covid-19

Publicado o 11/08/2020 15:26
Amantes do rock e do metal: o Resurrection Fest adáptase aos tempos da covid-19

Concertos con capacidade limitada e en formato reducido no Resurrection. É a proposta que se vai desenvolver en Viveiro do 21 ao 30 deste mes.

A vila volve ser a cita ineludible para os amantes do rock, do hardcore e do metal ao acoller nesas datas unha serie de concertos con ocupación limitada para 800 persoas.

Haberá concertos de pago con entradas nominativas e asentos preasignados. E tamén gratuítos, coas medidas de seguridade actuais, adaptados á nova normalidade e con actuacións máis íntimas e persoais.

Un único escenario polo que van pasar algunhas das bandas máis importantes que xa estiveron en Viveiro, como Angelus Apatrida ou Crisix, eventos para todos os públicos da man de Gansos Rosas e sesións de vermú gratuítas con artistas locais.

Noticias web

11/08/2020