CRTVG

Buscar

Amancio Ortega convértese no caseiro de Amazon

Publicado o 27/03/2019 19:54
Amancio Ortega convértese no caseiro de Amazon

O fundador de Inditex, Amancio Ortega, converterase no caseiro de Amazon, tras pechar a compra de parte da sede central do xigante do comercio electrónico en Seattle, nunha operación valorada finalmente en 740 millóns de dólares (655 millóns de euros). 

En concreto, o empresario galego, a través da súa firma de investimento Pontegadea Inmobiliaria, pechou a súa maior compra nos Estados Unidos e a segunda maior da súa historia, despois da realizada o pasado verán en Londres.  

Noticias web

27/03/2019