CRTVG

Buscar

Alumnos do Ramón de Artaza e Malvárez participan na campaña 'Ponlle as pilas ao teu bocata'

Publicado o 13/05/2019 14:39

Alumnos do colexio Ramón de Artanza e Malvárez, en Muros, asistiron ao obradoiro da iniciativa Ponlle as pilas ao teu bocata. A través de actividades lúdicas e participativas, os estudantes coñeceron os valores nutritivos das conservas de produtos do mar.

"Lembrade: Hai que comer peixe para estar sans e fortes".

É a mensaxe da campaña Ponlle as pilas ao teu bocata. Para chegar ao público infantil, cóntallo nestes obradoiros, onde participan en actividades divertidas e variadas.

Borja Salgado, monitor do obradoiro: "Facemos uns crebacabezas, poñémoslles lentes interactivas, a través de fotografías preguntámoslles moitas cousas".

Con todas estas actividades, os alumnos do CEIP Ramón de Artanza e Malvárez saíron coas ideas moi claras.

Jesús, Ainé e María: "Hai que comer peixe: Sardiña, atún, mexillóns... alimentos de conservas".

Hoxe, os participantes no obradoiro neste centro de Muros recibiron a visita das conselleiras de Educación e do Mar.

Rosa Quintana, conselleira do Mar: "É fundamental traballar cos nenos para que eles tamén trasladen aos seus fogares este xeito de alimentarse, de buscar a proporción da proteína marítima. E neste programa que facemos en colaboración con Anfaco chegamos xa a máis de 110.000 nenos".

Os colexios que xa participaron din que a iniciativa funciona, que coa campaña moitos nenos introducen as conservas de peixe nos seus bocatas e que se conciencian da importancia dunha dieta variada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/05/2019