CRTVG

Buscar

Alumnos da Universidade de Vigo deseñan e fabrican o seu monopraza

Publicado o 24/01/2020 16:42

Setenta e cinco alumnos de distinta enxeñerías da Universidade de Vigo presentaron a súa candidatura para participar no proxecto. Deles trinta foron selecconados. Deseñan, constrúen e compiten cun monopraza na Fórmula Student , a competición universitaria automobilística máis importante do mundo.

O proxecto arrancou no ano 2014 e xa traballan no sétimo bólido, o de 2020. O seu antecesor quedou de noveno no circuíto de Montmeló, o novo terá mellores prestacións.

Os alumnos xa teñen unha nova meta e en 2021 desenvolverán un vehículo Fórmula 1 con características autónomas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/01/2020