CRTVG

Buscar

Alternativas para non saudar co cóbado e cumprir co que pide o director do OMS

Publicado o 14/09/2020 20:40

No panorama político español e tamén no contexto europeo. Chocar os cóbados converteuse nunha das imaxes da pandemia e iso que xa a principios de marzo o director xeral da OMS, o doutor Tedros, advertía de que debía evitarse por que obriga a estar a menos dun metro da outra persoa. Unha mensaxe que se viralizou de novo nas últimas horas en twitter.

Abrazos virtuais pode ser unha alternativa. A proposta do responsable da OMS é saudarse levando a man ao peito, ao corazón.
Mais cada quen opta por buscar xestos que lle permitan amosar afecto ou respecto desde a distancia.
Saudar si, pero de xeito seguro.

Noticias web

14/09/2020