CRTVG

Buscar

Altas temperaturas e treboadas poñen en alerta os viticultores do Ribeiro

Publicado o 29/05/2020 20:33

Cos termómetros por riba dos 30 graos e a ameaza de treboada unha xornada máis no Ribeiro non hai descanso.

Estas son as consecuencias do último brote de mildio a comezo de maio. Difícil cuantificar aínda os danos. O máis importante, din os viticultores manterse alerta. Nesta viña de Santo André a terra aínda garda a humidade da noite.

Estas imaxes corresponden á treboada que caeu a última hora de onte na zona de Cortegada. Descargou auga e pedra, dun tamaño considerable. A afectación non foi grande xa que estivo moi localizada e durou pouco tempo, pero no Ribeiro ollan estes días para o ceo con preocupación.

Os termómetros subiron dos 35 graos na cidade de Ourense, tamén na Arnoia e Leiro. Unhas temperaturas e risco de treboadas que nos acompañarán aínda nas próximas xornadas.

Noticias web

29/05/2020