CRTVG

Buscar

Alta ocupación en Monforte malia a covid-19

Publicado o 13/08/2020 20:56

Hoteis, hostais, pensións e casas de turismo rural de Monforte de Lemos van estar cheos esta fin de semana. Malia que non se celebran actividades polas festas patronais, foron centos os turistas e os monfortinos emigrados que optaron por pasar estes días na cidade do Cabe. Tan elevado nivel de ocupación sorprende o propio sector que agardaba un mes de agosto máis frouxo pola crise do coronavirus.

Beatriz Vila, Asociación de Hostaleiros de Lugo: "Estamos preto do 100% no conxunto e nese 100% nalgúns establecementos. Resulta soreprendente coas expectativas que tiñamos hai uns meses".

En bares e restaurantes tamén se deixa sentir a afluencia de visitantes, se ben en menor medida, pola imposibilidade de utilizar o 100% das instalacións. Dende o sector hostaleiro cren que a oferta alternativa á clásica praia que ofrece a Ribeira Sacra se converteu nun excelente reclamo para a zona.

"A Ribeira Sacra ofrece un turismo moi diferente do doutras zonas de Galicia. Un espazo máis familiar e tranquilo".

Malia as bos cifras estivais, en Monforte amósanse preocupados pola evolución do turismo de cara o outono.

Noticias web

13/08/2020