Alianza tecnolóxica contra a crise na automoción
Publicado o 09/06/2020 19:54
O sector da automoción afronta unha crise importante en todo o mundo. A innovación é unha das ferramentas que teñen as empresas hoxe en día para sobrevivir cando todo o concepto de mobilidade está cambiando.
O CTAG, o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia, e Tecnalia, o seu homólogo vasco, van unir esforzos para que as empresas de automoción e de compoñentes sexan máis competitivas nos mercados internacionais.
Entre os seus obxectivos están o desenvolvemento de diferentes soportes de mobilidade, dende a convencional ao hidróxeno, pasando polo vehículo eléctrico. Tamén avanzarán no deseño de novos exoesqueletos para garantir a saúde dos traballadores do sector en todos os postos.
Máis sobre actualidade
14/04/2021 17:15
14/04/2021 17:11
14/04/2021 17:04