CRTVG

Buscar

Algúns países da UE afrouxan as restricións para o Nadal, pero outros endurécenas

Publicado o 17/12/2020 14:28

Algúns países europeos optaron por suavizar as restricións durante o Nadal, pero outros endurecéronas aínda máis para evitar unha repunta da pandemia de coronavirus despois das festas.

Ese é o caso de Alemaña, que decretou un drástico peche da vida pública que afecta a hostalaría e o ocio.

Algo menos duras son as restricións en Austria, onde o toque de recollida se estende desde as oito da tarde ás seis da mañá e se potencia o traballo desde a casa.

O Reino Unido suavizará as restricións durante a semana de Nadal para permitir as reunións de ata tres núcleos familiares distintos. O Goberno británico mantén a corentena obrigatoria para todos as persoas que entren ao país.

Noticias web

17/12/2020