CRTVG

Buscar

Algúns expertos cren que se está facendo unha alerta "desmedida" polo coronavirus

Publicado o 17/02/2020 20:54


O número de mortos por coronavirus na China supera os 1.700. Unha cifra menor ca a dos que causa a gripe en Europa ou nos Estados Unidos. Así o constata o xenetista galego Ángel Carracedo. Cre que, dentro da preocupación, a alarma empeza a ser desmedida.

"Creo que alarmamos demasiado. Neste momento é moito máis preocupante a gripe A, e que a xente non se vacine dela, que ten unha mortaldade máis elevada, preocúpame moito máis", afirma Ángel Carracedo

O galego Mago Vituco acaba de pasar unha corentena en Vietnam a bordo do barco onde traballa. Xa en Santiago, afirma que en todo momento estiveron tranquilos e que non pasaron medo.

"Todos os días tiñamos reunións cos médicos do barco, coa inspección médica, con consellos para previr o virus, todas as precaucións; a verdade é que a compañía as puxo á nosa disposición. Ou sexa, que en ningún momento sentimos nin abandono, nin medo nin nada polo estilo", conta o Mago Vituco

O que si, para saír do Vietnam, dixo, tiveron que demostrar con probas médicas que non estaban infectados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/02/2020