CRTVG

Buscar

Algúns consellos para evitar accidentes de tráfico en condicións adversas

Publicado o 03/01/2019 21:31

Maximino Pérez, experto en tráfico e en seguridade viaria:

"Un dos problemas graves que temos en Galicia é o cambio de condicións meterolóxicas en poucas horas. Nestas datas podemos estar tendo ata 15 graos polo día e pola noite baixa a menos dous, tres, catro graos... Ata menos oito... E iso cambia moito as condicións na vía. Polo que que deberiamos saber adaptarnos e ter máis coidado na condución".

"Amais en Galicia empregamos sempre o mesmo tipo de pneumático e iso é un erro, pero está establecido así".

"Non empregamos pneumáticos distintos en verán e en inverno. Empregamos sempre os de verán. E empregar este tipo de peneumáticos en inverno o que fai é que debamos ser moito máis precavidos na condución".

Razón de máis par revisar e manter os penumáticos en perfectas condicións. Amais, para evitar accidentes de tráfico, extremar a precaución, por exemplo con xeo.


Maximino Pérez, experto en tráfico e en seguridade viaria: "Temos que entrar con moito coidado e todas as manobras teñen que ser suaves. Non podemos dar volantazos nin frear e non debemos facer cambios de marcha extremos".

E suxeitar ben o volante para estabilizar o vehículo e evitar saír da vía. As mesmas precaucións á hora de conducir con choiva e para cando nos sorprende e ata asusta unha sarabiada. De ser as conducións especialmente malas, saír, aparcar e esperar.


E só cando calquera das condicións atmosféricas, incluída tamén a brétema é moi adversa, acender as luces de brétema traseiras.

Maximino Pérez, experto en tráfico e en seguridade viaria:
"Normalmente cruza a vía sen que o esperemos. Se o vemos o que temos que facer é frear, se é que podemos. Se non podemos, teremos que atropelalo, pero nunca nunca debemos intentar evitalo, porque en vías convencionais e en condicións malas da vía o que pasará é que nós perdamos o control do vehículo, saiamos da vía e teñamos un accidente peor do que sería coller o animal. Se nos dá tempo hai que frear, se non atropelalo. Pero debemos seguir a mesma traxectoria que traiamos, suxeitando ben o volante. Intentar esquivalos pode ser moi perigoso. Coma todo, menos perigoso e menos riscos de accidentes teremos se levamos unha velocidade baixa. Hai que lembrar que León e Galicia son as comunidades onde máis accidentes con animais dos que chamamos salvaxes con pezuño temos.Canto máis amodo vaiamos tamén menos posibilidades temos, tamén con estes animais, de ter un accidente".



















 

Noticias web

03/01/2019