CRTVG

Buscar

Alfredo Sarandeses, médico e pintor, amósanos a súa fermosa casa na zona vella de Santiago e a súa obra pictórica

Publicado o 10/04/2019 16:00

Hoxe queremos que coñezan a Alfredo Sarandeses, un médico compostelán que se acaba de prexubilar e que pinta cadros, cos que xa obtivo moitos premios, dentro e fóra das nosas fronteiras. Amais, vive nunha fermosa casa da parte vella de Santiago. 

Alfredo Sarandeses traballou toda a vida de médico e agora ocupa o seu tempo coa pintura, co pádel, pasear coa súa cadela Sabina... A súa casa na zona vella compostelá é un auténtico luxo.
Fálanos da súa cociña de cen anos, dun televisor Zenit de polo menos 50 anos e da cheminea, sobre a que está un cadro do seu avó paterno.

A casa está chea dos seus cadros, todos co seu estilo. Recibiu máis de 50 premios, dentro e fóra de España. 

"Un pintor ten que pintar para si mesmo, estar contento co que fas e ser feliz con iso".
 

Autodefínese como pintor impresionista, que os que ven os seus cadros se imaxinen o que é, que intúan o que hai no cadro. Técnica mixta.
Comezou a súa inspiración na praia do Silgar, ao ver unhas fermosas  acuarelas doutro pintor. Así empezou no mundo da pintura. 

Acabado de estrear no mundo da xubilación, só pide tranquilidade e saúde. 
Fala de que acabado de prexubilar só pide tranquilidade e saúde. Gústalle viaxar e visitar os fillos. O fillo está vivindo nas Canarias e a filla en Barcelona.

Alfredo Sarandeses anima a xente a dedicarse á pintura e á música. Fálanos da importancia de ter formación artística e musical. 

Unha casa e unha obra pictórica de Alfredo Sarandeses dignas de ver. Grazas por convidarnos a velas. Moita saúde! 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/04/2019