CRTVG

Buscar

Alfonso Rueda sobre o IVE: "Sánchez colleu os cartos que non eran del para cadrar as súas contas"

Publicado o 26/01/2020 15:16

O vicepresidenta da Xunta, nunha entrevista na Radio Galega, cualificou de "tomadura de pelo" a negativa do Goberno central de pagar a Galicia a débeda de 370 millóns de euros relativos á liquidación do IVE. Sinalou que outras comunidades autónomas nunha situación semellante e gobernadas polos socialistas tamén están a alzar a voz. Alfonso Rueda di esperar que o goberno central "entre en razón" e de non facelo insistiu en que recorrerán á vía xurídica.
 

Noticias web

26/01/2020