CRTVG

Buscar

Alfonso Molina, entre as vías con máis accidentes graves de España

Publicado o 18/11/2019 15:01

Galicia é o comunidade onde máis aumentaron os accidentes mortais de tráfico nas cidades nos últimos 5 anos. Un estudo da Fundación Línea Directa sinala, ademais, que a avenida Alfonso Molina da Coruña é a novena vía con máis accidentes graves de España.

É a porta de entrada na Coruña. E tamén unha das vías con máis accidentes graves de España. A avenida Alfonso Molina ocupa o noveno posto na clasificación de puntos vermellos da Fundación Línea Directa. E aos coruñeses non os colle por sorpresa.

Saídas de vía, choques traseiros, laterais... Son raros os días sen accidentes nesta gran avenida, sobre todo cando chove.

Francisco Valencia, director da Fundación Línea Directa: "Os motivos son as distraccións, non respectar as distancias de seguridade ou as prioridades".

Nos últimos 5 anos morreron en Galicia 118 persoas neste tipo de accidentes, un 26% máis ca a media española.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/11/2019