CRTVG

Buscar

'Alfaroleiros' reúne o mellor da olería ata o domingo... en Oleiros

Publicado o 05/08/2020 15:14

Oleiros está chea de barro. E non falamos de lama precisamente... Isto é artesanía, pezas exquisitas, historia viva.

"Levo desde os 11 anos na olería e desde os 19 como autónomo. Son un apaixonado disto e loito pola cultura do noso pobo, da raíz máis entrega que existe: a olería", di Agustín Vázquez, oleiro de Niñodaguia.

Hai artesáns galegos de Buño, Niñodaguia, Gundivós, Brión ou da Olería do Batán, recentemente recuperada. 'Alfaroleiros' é a mellor feira nacional no sector e a primeira que se celebra en tempos de pandemia. 

"Eu convido a toda a xente que se achegue a 'Alfaroleiros' a que fale cos oleiros porque semella que é a olería é unha desas artesanías que están empezando a esmorecer", comenta Ana Justo, técnica do Museo Os oleiros de Santa Cruz.

A cerámica de Talavera e de Puente del Arzobispo foi declarada Patrimonio Cultural da Humanidade en decembro. Nin a pandemia foi quen de quitarlle brillo ao verde esmeralda das súas pezas.

"Todas as cousas eran para a cociña, para a matanza do porco. Nesta peza adubaban a carne da matanza e adubábana con aceite", explica Francisco Casas de la Cal, oleiro de Puente del Arzobispo.

En 'Alfaroleiros' hai oleiros con sete xeracións de artesáns detrás. Non perdan a visita.

Noticias web

05/08/2020