CRTVG

Buscar

Álex Suárez non tivo dúbidas para fichar polo Obradoiro

Publicado o 18/08/2020 18:08

Álex Suárez confesou que está "moi contento de estar aquí. No momento en que se me presentou a oportunidade de poder vir ao Monbus Obradoiro e formar parte deste proxecto, non tiven moitas dúbidas. Estaba a buscar un proxecto coma este no que poder asentarme, traballar e gañar os meus minutos. Por iso non tiven dúbidas en vir aquí. Os primeiros días están a ser xeniais. Teño a sorte de coñecer xa de antes a Pepe e tamén un pouco a Álvaro, e estivéronnos falando un pouco sobre a cultura do club, o que demostra e o que hai que facer. Teño moitas ganas de coñecer os xogadores que faltan por chegar. Xa estamos a facer piña e temos moitas ganas de vernos pronto todos en Sar, cando a situación o permita".

O ala pivote destaca que a súa amizade con Pepe influíu para terminar de decidirse, "pero o que máis me fixo decantarme foi o proxecto, atraíame. Cando vés xogar aquí de visitante xa te dás de conta da conexión que hai entre os xogadores e a bancada. Dá gusto. Vendo a cultura e historia do club, é un equipo que xa che gusta, aínda que non esteas a xogar aquí. E, por iso, cando tiven a oportunidade, non o pensei moito porque era un proxecto moi atractivo. Tanto Pepe Pozas como Nacho Llovet sempre me falaron marabillas".

 

 

 

 

 

 

Noticias web

18/08/2020