CRTVG

Buscar

Alertan dun posible rapto, cando en realidade era unha despedida de solteiro

Publicado o 24/06/2019 09:01

E contámoslles agora unha historia que tivo final feliz, pero que por uns momentos pintaba mal. Unha veciña de Barreiros alertou a Garda Civil de que vira un grupo de encapuchados que metían un mozo no maleteiro dun coche.

A central operativa mobilizou as súas unidades próximas á praia de Altar ante o que parecía un rapto. Cando os axentes se desprazaron ao lugar puideron comprobar que non había tal. Era unha despedida de solteiro; o presunto secuestrado era o futuro noivo e os captores eran os seus amigos, que querían comezar a festa simulando un secuestro.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/06/2019