CRTVG

Buscar

Alertan dun calote en que suplantan a Correos para baleirar contas bancarias

Publicado o 02/12/2020 08:40

Alertan dun perigoso calote que suplanta a Correos para baleirar as contas bancarias.

Aproveitando as campañas de envíos do Black Friday e do Nadal, un grupo de hackers está facéndose pasar por Correos para acceder ás contas de usuarios despistados e roubar cartos. Envíanlles mensaxes fraudulentas con enlaces que solicitan datos bancarios e así recompilan a información persoal e financeira das vítimas. Por iso os expertos aconsellan non abrir esas mensaxes sospeitosas e acudir á paxina web oficial e abrir sesión desde alí.

Noticias web

02/12/2020