CRTVG

Buscar

Alerta por incendios na cornixa cantábrica

Publicado o 04/03/2019 08:39

 

A A-8 cercada en dirección a Bilbao e varios veciños de Muskiz desaloxados debido ao incendio forestal que afecta nas últimas horas esta localidade biscaíña e que está a piques de quedar controlado. Non é habitual que arda en Euskadi, pero esta vez tampouco se librou da vaga incendiaria que afecta desde esta fin de semana a cornixa cantábrica e que chegou a queimar unha vivenda en Carrascal. A Cruz Vermella e o concello tiveron que habilitar un albergue provisional, mentres os equipos de extinción agardan que o vento, que virou a noroeste e deixa xa algunhas pingadas, axude a controlar as lapas.

En Asturias, 50 efectivos da UMEe máis de 150 bombeiros urbanos e forestais incorpóranse para axudar os compañeiros asturianos que traballan sen tregua na extinción. Esta madrugada permanecían activos medio cento dos 77 incendios que chegaron a arder de xeito simultáneo. Aquí, as intensidade dos refachos de vento chegou a imposibilitar por momentos a actuación dos medios aéreos e as lapas deixaron momentos de tensión na rede de estradas, ao seu paso por Llanes ou Cabrales.

Narcea, Somiedo, Tineo e Allande son os municpios asturianos cos incendios máis importantes. Aquí en Galicia tamén houbo pequenos incendios esta fin de semana, na sua maioría conatos sen consecuencias importantes que afectaron concellos como A Mezquita e A Gudiña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/03/2019