Alerta laranxa por chuvia en Lugo e na Coruña
Despois de semanas de tempo seco e solleiro, volve a chuvia. A última hora de hoxe a Xunta activa a alerta laranxa polas precipitacións, que se prevén moi fortes nas provincias da Coruña e de Lugo. Na montaña xa choveu abondo.
En Pedrafita do Cebreiro caeron xa 75 litros por metro cadrado nas últimas horas, e recolléronse máis de 35 litros en puntos dos Ancares. Choveu tamén xa na Mariña, con 11 litros por metro cadrado en Viveiro.
Está previsto que as precipitacións se vaian estendendo nas próximas horas ao resto da provincia e tamén a boa parte da Coruña, e que caian con forza, acompañadas de treboadas e mesmo de sarabia.
E xa comezou a chover con forza tamén nalgúns puntos da provincia de Ourense. Por iso a Xunta activará esta noite a alerta laranxa, e pide extremar as precaucións nas estradas.