CRTVG

Buscar

A calor pon en alerta amarela o Miño entre Pontevedra e Ourense e Valdeorras

Publicado o 07/07/2020 13:50

A calor vai marcar a fogo os días vindeiros, e os máis previsores e calorosos xa colleron sitio en praias coma a de Samil. Máis ca nunca, hai que madrugar para non quedar sen praza, aínda que a brisa da mañá suavizou o ambiente. A tarde chegará con máis calor, con alerta amarela por altas temperaturas nas bacías do Miño en Pontevedra e Ourense e na comarca de Valdeorras. Vigo, con 32,2 graos, acadou onte a temperatura máxima do ano, que hoxe será aínda maior se o nordés non o impide.

No interior aturan como poden as altas temperaturas, que poderían superar os 36 graos. Segundo Meteogalicia, a alerta amarela podería pasar a laranxa mañá na bacia superior do Miño, xa en Ourense, con temperaturas por riba dos corenta graos. Pola contra, no norte o aviso é por vento do nordés, especialmente forte no litoral.

Noticias web

07/07/2020