CRTVG

Buscar

Alemaña supera o millón de contaxios totais por coronavirus

Publicado o 27/11/2020 12:07

Alemaña entrou este venres no grupo de países con máis dun millón de contaxios totais de coronavirus, despois de sumar nas últimas 24 horas case 23.000 novos casos.

O número de falecidos aumenta en 426, a cifra máis alta nun só día desde o inicio da pandemia. Segundo os datos facilitados pola Axencia para o Seguimento de Enfermidades Infecciosas, os estados con máis infectados son Renania do Norte-Westfalia, na fronteira cos Países Baixos, e Baviera e Baden Würtenberg, no sur do país.

Noticias web

27/11/2020