Alemaña estuda a aparición dunha nova cepa da covid-19 en Baviera
Publicado o 18/01/2021 19:32

Virólogos alemáns investigan a aparición dunha nova cepa da covid na rexión de Baviera. O expertos sinalaron que, polo momento, hai tres casos desta variante ata agora descoñecida.
Tamén o Ministerio de Sanidade alemán alerta contra a eventual extensión da variante británia e da surafricana, moito máis contaxiosas.
Ante esta situación, e aínda que en Alemaña estan a descender os contaxios, o Goberno federal estuda prolongar ata mediados de febreiro as drásticas restricións vixentes no país.
Máis sobre Sociedade
04/03/2021 20:43