CRTVG

Buscar

Alcoa recorre ante o Supremo a anulación do ere en San Cibrao

Publicado o 23/12/2020 19:42
Alcoa recorre ante o Supremo a anulación do ere en San Cibrao

Alcoa recorre a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anula o ere de máis de 500 traballadores na factoría de San Cibrao. Nun comunicado a multinacional di que agarda que o Tribunal Supremo conclúa que non actuaron de "mala fe" na negociación do ere porque, alegan, que o fixeron de "maneira xusta e conforme á lei". Alcoa apunta ademais que as "dificultades persisten" e que o estatuto para as empresas electrointensivas que acaba de aprobar o Goberno "non garantirá un prezo da enerxía competitivo".


 

Noticias web

23/12/2020