CRTVG

Buscar

Os sindicatos de Alcoa din que a empresa non cede

Publicado o 04/06/2020 14:49

Os traballadores de Alcoa tiñan cita hoxe coa empresa, no mesmo restaurante de Lugo en que lles comunicaron os despedimentos. 

A empresa non move a súa posición. Di que non fará aluminio en Cervo "mesmo que a enerxía fose gratis", segundo aseguraron fontes sindicais. Con todo, os traballadores entenden que a factoría si é rendible con ou sen Alcoa. 

Os traballadores fan un chamamento para que toda A Mariña se sume á concentración convocada para o domingo en Viveiro.

Noticias web

04/06/2020