Alcoa centra varias intervencións no congreso da Federación de Industria da UXT
O comité de empresa de Alcoa San Cibrao reunirase esta tarde con Inspección de Traballo en Lugo.
O ere que quere aplicar a multinacional estadounidense estivo moi presente no quinto congreso da Federación de Industria de UXT.
Desde este sindicato piden seguir presionando a Alcoa para que venda na Mariña. E mesmo apostan por unha solución global que inclúa tamén as factorías da Coruña e Avilés, vendidas a Alu Ibérica.
Caballero di que o ere non ten seguridade xurídica e Feijóo lembra que o Goberno central se comprometeu a intervir a factoría
Hai reaccións políticas tamén. Gonzalo Caballero pídelle á autoridade laboral que rexeite o ere por non ter, di, seguridade xurídica.
"Ese ere non ten os mecanismos de seguridade xurídica para que poida ser aceptado, porque Alcoa actuou de mala fe. E nesa liña abrimos unha liña para paralizar a decisión de Alcoa de marchar de San Cibrao", dixo o secretario xeral do PSdeG.
Sobre Alcoa tamén falou o presidente da Xunta. Feijóo lembra que o Goberno central se comprometeu a intervenir a factoría de San Cibrao se fora necesario, pero tamén apunta que levamos meses sen estatuto que garanta un prezo competitivo da luz para as empresas electrointensivas.