CRTVG

Buscar

Alberto Rocha: "A prohibición das rebaixas era un despropósito"

Publicado o 18/05/2020 10:57

Dende hoxe, todo o comercio poderá facer rebaixas, os que venden en tendas e tamén por Internet. É un cambio de última hora, tras certa polémica que deixaba as tendas físicas en desvantaxe.

Para Alberto Rocha, secretario xeral do Clúster do Téxtil galego, a incerteza no tema das rebaixas "está agravando aínda máis a situación do comercio". E engade: "Desde o clúster sempre vimos como un despropósito a prohibición das rebaixas. Ademais, entendiamos que o único motiivo para a prohibición era para limitar as aglomeracións. Pero as rebaixas non teñen por que supoñer aglomeracións nin risco para ninguén".

Rocha recoñece que houbo unha certa tirapuxa entre as persoas que estaban a favor e en contra das rebaixas: "É certo que había algúns comerciantes e algunhas organizacións de comerciantes que pedían que se atrasase o inicio das rebaixas. Pero iso ía ser un problema. Ían quedar cautivos do que estaban pedindo. Neste momento hai consenso de que cadaquén debe facer o que considere correcto dentro do seu establecemento".

Sobre o risco de aglomeracións, Rocha apunta: "Non se prevé que poida haber aglomeracións. É importante que cada establecento e cada cadea cumpra as normas. Desde o clúster fixemos un protocolo de limpeza e desinfección de tendas que complementa a normativa da Xunta de Galicia e do Goberno central. A finalidade é que as empresas se autorregulen".

Noticias web

18/05/2020