CRTVG

Buscar

Alberto Abalde, a un paso do Madrid

Publicado o 06/07/2020 20:28

 Alberto Abalde está moi preto de cambiar o laranxa do Valencia Basket polo branco do Real Madrid. O club madrileño podería aboar o millón e medio de euros da cláusula do xogador vigués. Abalde, que ten un ano máis de contrato, foi un dos xogadores máis destacados da fase final da ACB celebrada en Valencia cunha media de 14,8 puntos e 17,8 de valoración. Eses números espertaron o interese de equipos coma o Barça ou o Milán, pero parece que finalmente será o Real Madrid quen o incorpore.

Noticias web

06/07/2020