CRTVG

Buscar

Rivera dilles aos que lle piden que apoie a Sánchez que funden un partido

Publicado o 28/06/2019 21:28

Albert Rivera reapareceu catro dias despois de que a formación que lidera vivira a primeira crise interna importante desde o seu nacemento. Foi no Consello Xeral de Ciudadanos, o máximo órgano entre congresos e onde Rivera foi contundente. Reivindicou a autonomía e a liberdade do partido para decidir as estratexias de pactos.

"Sempre pedirei a liberdade para tomar decisións libremente sen tutelas nin presións. Se alguén pensa que o 'sanchismo' ten que campar ás súas anchas, que presenten un partido político e se sumen a Sánchez", asegurou Albert Rivera, presidente de Ciudadanos.Nun primeiro momento, parecía que as palabras de Rivera ían dirixidas aos críticos da formación que apostaban por levantar o veto Pedro Sánchez. Mesmo Toni Roldan lle contestaba por redes sociais dicíndolle que non facía falta crear un partido, só sentar a negociar con esixencias como o veto aos nacionalistas. Minutos máis tarde, fontes do partido negábano e aseguraban que as críticas ían dirixidas á patronal, bancos e sindicatos que presionan a Ciudadanos para que se absteñan na investidura do líder socialista.Albert

Rivera dá así por pechada a crise interna vivida esta semana, unha vía de auga que levou por diante a Toni Roldán, apartou da executiva a Javier Nart. E na que dúas voces relevantes de Ciudadanos como Luis Garicano e Francisco Igea tamén pediron publicamente o cambio da estratexia de pactos do partido.