CRTVG

Buscar

Albert Rivera comprométese a cambiar España nun mes se accede á presidencia do Goberno

Publicado o 01/11/2019 00:56

O candidato de Ciudadanos, Albert Rivera comprometeuse na apertura de campaña a poñer España en marcha no prazo dun mes. Un tempo para impulsar as reformas e desbloquear o país.Ourense foi a cidade escollida por Ciudadanos para abrir a súa campaña electoral en Galicia. Laureano Bermejo, secretario de organización, acompañou nesa apertura á cabeza de lista pola provincia de Ourense, Inés Iglesias. Asegurou que Ciudadanos conseguirá o apoio dos electores porque nunca defraudan cando están nas institucións.

Noticias web

01/11/2019