CRTVG

Buscar

Alba Merino, aposta forte: "Gustaríame gañar a Liga co Deportivo, por que non?

Publicado o 16/10/2019 20:42

O primeiro gol do Deportivo en Primeira marcouno Alba Merino. Un gol pantasma na primeira xornada contra o Español, que deixou escrito o nome desta estremeña na historia da entidade coruñesa.

Alba Merino, Deportivo Abanca: "É un orgullo para min".

Van cinco xornadas e o Deportivo segue invicto con catro vitorias, un empate e os mesmos puntos que o lider Barcelona.

"Estamos a dar creto. Todas xuntas estamos a facelo e imos pelexar porque dure o máximo posible".

Mesmo para conquistar a liga ou a Copa, a aspiración persoal dunha xogadora que empezou a xogar na máxima categoría aos catorce anos.

"Un soño sería gañar a liga co Deportivo, por que non?"

Con mentalidade gañadora visitan o próximo sábado o Sporting Huelva. Gañaron os dous partidos que xogaron fóra e van polo terceiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/10/2019