CRTVG

Buscar

Piden que se axilicen os desaloxos tras as últimas ocupacións de vivendas na Coruña

Publicado o 26/05/2020 15:15

A longa espera por resolucións xudicias que se enredan na maraña administrativa desespera os propietarios das casas de luxo ocupadas no barrio coruñés da Zapateira. Mentres, os ocupantes ilegais alegan situacións de necesidade extrema para xustificar a súa entrada e permanencia nos chalés dende hai xa varios meses.

Familias con menores, protagonistas de desafiuzamentos anteriores, serios problemas económicos e dificultades para integración laboral. Ese sería o perfil dos ocupantes ilegais de dúas casas de luxo no barrio coruñés da Zapateira, segundo a súa versión. Foi a necesidade a que os empurrou a entrar nos chalés, aseguráronlle á Televisión de Galicia.

Para os donos dos chalés, o problema trasládase á esfera legal. Os lentos e intrincados procesos administrativos e xudiciais derivan nun tortuoso camiño á espera dunha resolución para desaloxalos.

Algúns dos propietarios mesmo chegan a tomar medidas peculiares.

Os axentes da propiedade falan de "alarma social" diante da proliferación de casos de ocupación ilegal.

Noticias web

26/05/2020