CRTVG

Buscar

Alakran presenta en Santiago o seu último espectáculo 'Finisterrae: o último ultramarinos'

Publicado o 17/10/2019 15:51

Un ultramarinos corrente nunha vila calquera da Costa da Morte, que podería ser unha vila calquera de Galicia. Unha tenda de comestibles das de toda a vida que está en risco de desaparecer.

Finisterrae: O último ultramarinos conta a historia de Berto e Mónica. Cada un co seu xeito distinto de veren as cousas: a apatía de quen non ve futuro na súa vila e o entusiasmo de quen volve con ganas de tirar adiante.

A obra, coa dirección de Topo Vidal a partir dun texto de María Lado, preséntase este xoves no Teatro Principal de Santiago dentro do Festival de Títeres Galicreques.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/10/2019