CRTVG

Buscar

Aketxe: "Xogamos moito, pero ao final isto é longo"

Publicado o 18/10/2019 16:47

Entre os datos negativos que amorea o Deportivo neste arranque ligueiro os goles non son do peoriño. Once goles en once partidos, e dos once catro levan a sinatura de Aketxe.

O futbolista vasco non é dos máis beneficiados por unha dinámica de xogo dos coruñeses en que hai demasiado pasto entre os que defenden e os que marcan.

O Deportivo recibe outro histórico en apuros, o Málaga, co que comparte o farol vermello da clasificación. O que perda pode saír moi mal ferido, pero Aketxe non quere dramatizar.

Os goles do bilbaíno estan sendo importantes para o Dépor, pero entre as cousas que precisa o equipo de Luis César unha urxente é que todo equipo suba ao carro goleador.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/10/2019