CRTVG

Buscar

Agrupan as bestas no monte para os curros da Rapa de Sabucedo

Publicado o 05/07/2019 14:55

A rapa das bestas de Sabucedo xa esá en marcha. Ben cedo, cunha misa en honra de San Lourenzo, inicouse o programa de actos. A continuación as familias desta parroquia estradenese subiron aos montes a buscar os cabalos que van formar parte dos curros da fin de semana.

Polo momento xa se reuniron unhas 150 bestas, pero calculan que ao longo do día poden duplicar esa cifra, e este sábado conducilas a Sabucedo onde chegará o momento de máis emoción: o curro, o enfrontamento entre os animais e os aloitadores.

Calcúlase que durante a fin de semana pasarán por Sabucedo unhas 30 mil persoas para gozar desta festa declarada de Interse Turístico Internacional.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/07/2019