CRTVG

Buscar

Agricultores e gandeiros piden máis control da poboación de xabarís

Publicado o 23/09/2019 16:10

O censo que se baralla é de preto de 200.000 exemplares en Galicia. Moitos máis xabarís dos que o territorio e as persoas somos capaces de xestionar sen conflito.

Agricultores e gandeiros calculan que os danos que provocaron nos últimos dous anos se achegan aos quince millóns de euros e non hai cartos públicos suficientes para asumir este pagamento. O prexuízo é grande e advirten de que a poboación deste porco bravo segue aumentando.

Cren que é o momento de implementar medidas novas porque o xabaril empeza a ser un problema xa preto de cidades como Lugo. Tamén para os condutores. Por iso, pidenlle axuda á Xunta de Galicia para rematar co crecemento descontrolado do xabaril.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/09/2019